Os nosos mellores libros infantís en galego

Álbums divulgativos infantís para gozar en familia

Un ábum divulgativo, tamén chamado álbum informativo, é un libro que combina imaxes e coñecemento sobre un determinado tema. Pero non chega só con combinar, as ilustracións e o texto deben retroalimentarse, reforzándose mutuamente para mellorar a transmisión do contido.

Cada vez hai máis álbums divulgativos nas librarías, dirixidos a todos os públicos, e todo apunta a que o verdadeiro auxe do formato acaba de empezar, algo que nos alegra moito porque é un xénero literario fundamental na nosa editora.

Si, en Cumio encántannos tanto os álbums divulgativos que tentamos publicalos no maior número de idiomas posibles. Actualmente temos nas librerías álbums en galego, español, catalán e portugués e, moi pronto, abriremos as portas a novas linguas. A continuación podes ver os nosos libros divulgativos e, se o desexas, tamén podes recomendarnos temáticas para os que editaremos no futuro. 

Libros infantís accesibles

A accesibilidade é, sen dúbida, un dos puntos centrais das axendas deste século e a lectura é unha pata más dunha aposta necesaria que debe camiñar acorde aos tempos. Os nosos libros infantís accesibles son contos pensados para todos os públicos e escritos cunha serie de características que facilitan a lectura, por exemplo unha tipografía de 20 puntos (as recomendacións da ONCE falan de más de 12 puntos), interlineal e interletrado xenerosos e unha xustificación en bandeira a esquerda que facilite o paso dunha liña a outra.

Hai pequenos detalles que rematan con barreiras que moitas veces parecen insuperables.

A tipografía escollida parte dun estudo que tivo lugar en Inglaterra con nenos e nenas con dislexia e outros trastornos da lectura e os fondos son claros e lisos para que exista un contraste de cor que facilite a lectura aos nenos e nenas con baixa visión. Tamén as ilustracións xogan un papel clave, pois están pensadas para reforzar o texto. Así, todos os ilustradores e todas as ilustradoras de libros infantís accesibles e inclusivos buscan que o seu traballo axude a comprensión lectora describindo en imáxenes o que sucede no texto.

Mais non só o continente é accesible, o contido é unha defensa activa da diversidade. Todas as aventuras están cheas de valores, como a amizade, o altruísmo, a perseveranza ou a solidariedade, presentes de maneira natural, transversal e normalizadora.

Libros infantís accesibles a partir dos 8 anos

  • Tras la huella de los dinosaurios
    Susana Peix / Jordi Fenosa / Silvia Álvarez
    La manada de braquiosaurios se había ido hacia el sur y habían dejado, sin querer, abandonado uno de sus huevos. Cuando el huevo eclosionó, Pat, la pequeña braquiosaurio, se encontró con Oti, que buscaba un huevo que zamparse. Al enterarse de que la manada la había abandonado, Pat empezó a llorar desconsolada. Lloraba tanto que la cáscara del huevo se llenó de lág...
    Dispoñible

    13,95 €

  • Trala pisada dos dinosauros
    Susana Peix / Jordi Fenosa / Silvia Álvarez
    A manda de braquiosauros marchara cara ao sur e deixaran abandonado, sen querer, un dos seus ovos. Cando este escachou, Pat, a pequena braquiosauro, topouse con Oti, que buscaba un ovo para larpar. Ao decatarse de que a manda a abandonara, Pat empezou a chorar desconsolada. Choraba tanto que a casca do ovo se encheu de bágoas e, entón, Oti ofreceuse a axudala... Solo teri...
    Dispoñible

    13,95 €

  • Rere les petjades dels dinosaures
    Susana Peix / Jordi Fenosa / Silvia Álvarez
    La bandada de braquiosaures havia marxat cap al sud havent deixat abandonat un dels ous. Quan aquest va eclosionar, la petita braquiosaure, la Pat, es va trobar amb l’Oti, que buscava un ou per cruspir-se’l. En saber que la seva bandada l’havia abandonada, la Pat va començar a plorar desconsolada. Plorava tant que la closca de l’ou es va omplir de llàg...
    Dispoñible

    13,95 €

  • El misterio de la lluvia
    Susana Peix / Pilar Serrano / César Barceló
    En la ciudad de Comodora dejó de llover de repente. El agua duró hasta que se secó el pantano, entonces empezaron las restricciones. —¡Yo tengo la solución a la sequía! —exclamó el señor Gostri, el hombre más rico de la ciudad —. Hemos construido unas máquinas para hacer nubes artificiales. Pero detrás de aquel ofrecimiento había un gran engan...
    Dispoñible

    13,95 €

  • O misterio da chuvia
    Susana Peix / Pilar Serrano / César Barceló
    Na cidade de Comodora deixou de chover de repente. A auga durou ata que secou o pantano, entón empezaron as restricións. —Eu teño a solución á seca! —exclamou o señor Gostri, o home máis rico da cidade—. Acabamos de construír unhas máquinas para facer nubes artificiais. Pero detrás daquel ofrecemento había un grande engano. Martina e a súa cuad...
    Dispoñible

    13,95 €

  • El misteri de la pluja
    Susana Peix / Pilar Serrano / César Barceló
    A la ciutat de Comodora va deixar de ploure de sobte. L’aigua va durar fins que el pantà es va assecar i llavors van començar les restriccions. —Jo tinc la solució a la sequera! —va exclamar el senyor Gostri, l’home més ric de la ciutat—. Hem construït unes màquines per fer núvols artificials. Però darrere d’aquell oferiment hi havia ...
    Dispoñible

    13,95 €

Os contos infantís de bruxas máis divertidos

Os nosos contos infantís de bruxas son moi diferentes ás historias que nos contaron sobre unhas malvadas 'criaturas' que vivían para facer mal. As nosas bruxas están cheas de valores moi positivos, como o esforzo, a solidariedade ou o compañeirismo, pero se algo caracteriza ás protagonistas dos libros da colección Meigas é que son infinitamente divertidas.

A Colección Meigas está recomendada para lectores e lectoras a partir dos 8 anos e os libros están editados en galego e en castelán. 

Álbumes ilustrados para todos os públicos

Aínda que tradicionalmente o álbum ilustrado é asociado ás primeiras lecturas ou a idades temperás, é un xénero literario que conta cada día cun público adulto máis numeroso. Os que publicamos están recomendados absolutamente para todos os públicos e tamén para que os pais e nais compartan lecturas cos seus fillos e fillas. 

Os nosos álbums ilustrados son o resultado dunha simbiose entre a precisión e a calidade dunhas ilustracións únicas e a narración escrita de historias divertidas, educativas e tenras. Temos publicados álbums ilustrados en galego, en catalán e en español.

Libros infantís para comezar a gozar coa lectura

Os Minicumios, xa independentes da Colección Meigas para acoller historias novas. Unha colección infantil de libros de narrativa chea de aventuras e ficción que nos sumerxirá en universos novos nos que medrar coa lectura. Ideal para primeiros lectores con ganas de xeito autónomo e crear así un gusto polas historias que os acompañará toda a vida.

A vida en verso das figuras máis importantes de nosa cultura

A través desta colección, os máis pequenos e pequenas disfrutarán dos BIOPOEMAS: poesías que falan da vida de alguén, da súa personalidade, gustos ou do que o fan especial. Un recurso literario que adapta feitos biográficos ao xénero poético. En definitiva, unha vida feita poema. Estes álbums encadernados en rústica con acabado natural levan tamén un deseño especial con encadernación suíza.

Cómic infantil e xuvenil

A nosa colección de cómic é un motivo de orgullo para nosa editorial. Están pensados para que os primeiros lectores empecen a gozar dun xénero en auxe que lles proporcionará grandes emocións no futuro.

As historias dos nosos cómics infantís están pensadas especialmente para divertir ao noso público preferido con aventuras e situacións cheas de valores. 

A diversión está garantida con esta colección infantil cos libros favorios do HEMATOCRÍTICO. Ideal para gozar das primeiras lecturas e para rir ás gargalladas pasando as páxinas das súas historias.