Temos memoria

Libros sobre memoria histórica

A nosa colección 'Temos memoria' é un proxecto para preservar a nosa memoria histórica, unha tarefa imprescindible para comprender o noso presente e escribir o noso futuro. Son libros escritos contra o paso do tempo e contra os silencios. 

Conta actualmente con dous libros moi especiais para nosa editorial. O primeiro ('A vida incerta', de Montse Fajardo), editado en galego, conta a vida de Virxinia Pereira e o segundo ('Meirás. Un pazo para o caudillo', de Carlos Babío e Manuel Pérez Lourenzo), editado en español, conta como o pobo de Sada conseguiu recuperar o Pazo de Meirás, e liberalo das mans da familia de Franco.