Para nós é moi complicado explicar quen somos. Somos tantas cousas á vez que definilo en catro parágrafos é unha auténtica odisea. Somos unha fábrica de historias e, ao mesmo tempo somos todas e cada unha delas. Somos tamén o desexo de contar, de mimar as palabras, de coidar as imaxes e de que gocedes con nós de todo este proceso.
Somos unha editora galega que devece por facervos partícipes dun proceso de creación literaria. Temos unha historia da que presumir desde o ano 1988 e unha nova por escribir desde que volveron as bolboretas na primavera de 2021.
Apostamos pola literatura inclusiva para que todas as persoas poidan gozar do pracer dunha boa lectura. Nas nosas publicacións atoparás obras para todos os públicos e para todos os gustos. Desde novela gráfica ata ensaio ou traballo xornalístico, pasando polos contos infantís máis tenros e divertidos.
O mellor de todo é que a fábrica de segue funcionando e moitas letras voan xa cara ás librarías, pero xa abonda de falar de nós e do moito que nos gusta difundir a nosa cultura e xogar coa vosa imaxinación. O importante deste conto é que queremos ser. E tamén queremos que sexas.