De quen é este ovo?

De quen é este ovo?

Na granxa formouse un gran balbordo pola aparición dun misterioso ovo no medio do curral

Susana Peix / Anna Mongay

11,95 €
IVE incluído
Dispoñible
Ano de edición:
2022
ISBN:
978-84-8289-586-4
Páxinas:
48
11,95 €
IVE incluído
Dispoñible

Todo ocorreu unha mañá de primavera. Na granxa formouse un gran balbordo pola aparición dun misterioso ovo no medio do curral. As aves estaban todas moi nerviosas, sobre todo as mamás que, con tanto mimo, chocaban os seus ovos. A curiosidade é un comportamento natural que estimula a aprendizaxe. Permítenos avanzar e facer cousas novas, aínda que ás veces necesitemos paciencia para conseguir a calma e a tranquilidade que cómpre para agardar que algo suceda.

Características pensadas e diseñadas desde a súa orixe facilitar a lectura a toda a rapazada

Lemos +6 é unha colección creada para fomentar e gozar da lectura por pracer, a través de historias frescas que teñen un transfondo cheo de valores: solidariedade, amizade, honestidade, perseveranza… Valores, que aparecerán de maneira transversal e normalizadora nuns libros que presentan todas as características de accesibilidade á lectura no que respecta ao formato, a tipografía, disposición do texto, contraste de cor e ilustracións. Características pensadas e deseñadas desde a súa orixe para facilitar o acceso á lectura a todos os nenos e a todas as nenas.

Queres saber máis?

Artículos relacionados

  • O gran libro das nosas cousas
    Millán, Blanca
    Está cheo de cousas marabillosas, algunhas naturais, outras fabricadas polo ser humano, pero todas elas únicas e moi valiosas. Este libro é unha viaxe ilustrada polas cousas do día a día, desde os pequenos insectos do xardín ata os xigantescos cachalotes do noso fondo mariño. 'O gran libro das nosas cousas' é un...
    Dispoñible

    18,95 €

  • O gran libro da nosa horta
    Millán, Blanca
    Ter unha horta na casa está ó alcance de calquera. Só precisas saber algunhas cousas e poñerte máns á obra. Neste álbum ilustrado divulgativo atoparás todo o que precisas saber para creares a túa horta na casa e dende cero. Coñecerás o lugar perfecto para ela, os procesos de semente e colleita e os cul...
    Dispoñible

    19,95 €

  • Milko: un heroe con moita fame
    Peix, Susana / Julilustrador
    A Milko encántalle durmir. Pero hai algo que aínda lle gusta máis que durmir: ¡Comer follas de eucalipto! Unha mañá levantouse, coma sempre, con fame e, mentres subía á procura das follas máis frescas e saborosas, escoltou un laio. Alguén precisaba axuda. Que fará Milko? Seguirá o ...
    Dispoñible

    11,95 €

  • Un lobo de conto
    Susana Peix / Mercè Canals
    En tanto que os seus brincaban no bosque e aprendían a ser lobos, o pequeño lobeto sempre ficaba na cova. Encantáballe escoitar os contos que lle contaba a súa nai. Era una grande inventora de historias! Os seus irmáns pensaban que esas historias eran unha perda de tempo, até que un día o lobiño lles deu unha boa lecci&oac...
    Dispoñible

    11,95 €

  • Un elefante no deserto africano
    Susana Peix e Òscar Julve
    A pequena musaraña Sori quería revivir as aventuras que lle contaba cada noite, antes de ir durmir, o avó Bigotes: —O mundo está cheo de animais peludos, pequerrechiña! —dicíalle. Así que, unha mañá saíu do tobo decidida a atopar un dos seus curmáns afastados, por moi difícil que fose. Lemos +6 é unha colección creada para foment...
    Dispoñible

    11,95 €

  • Planeta Q. Un lugar onde vivir
    Peix, Susana / Montañá, Marta
    Zeta andaba sempre a rosmar: porque non podía durmir, porque tiña moita calor… Estaba convencido de que sería moito máis feliz se puidese marchar daquel terríbel planeta que lle daba dor de pés. Até que un día ocorreu algo inesperado que o cambiou todo. Procurar a felicidade en algo que pensamos que será m...
    Dispoñible

    11,95 €