Este é un libro sobre o Camiño de Santiago. Un álbum ilustrado de ficción, cheo de maxia, detalles que buscar e atopar... Moitos detalles! Facer o Camiño de Santiago nunca foi tan divertido!
Os amigos e protagonistas desta aventura teñen todo preparado para aventurarse na variante francesa do Camiño. Espéranlles moitas aventuras e ademais convídanche a gozar do seu contido: gastronomía, natureza e paisaxes. Aquí ensínase ata preparar a mochila.
Neste particular camiño hai cousas que son reais e moitas outras que non o son. Toda unha proposta colorida para deixarse perder polos seus mapas, atopar as cousas, con moitos detalles para buscar nas ilustracións. O libro percorre por etapas desde Roncesvalles ata Santiago, onde nun plano de realidade do Camiño mestúrase fantasía, moita fantasía. Trátase dunha proposta cun alto nivel de ilustración, cunha imaxe coidada e un produto de gran formato (29 x 32 cm) para non perder detalle nas súas páxinas. En cada etapa do camiño hai retos que o neno tería que superar á vez cos protagonistas que fan o Camiño.