A accesibilidade é, sen dúbida, un dos puntos centrais das axendas deste século e a lectura é unha pata más dunha aposta necesaria que debe camiñar acorde aos tempos. Os nosos libros infantís accesibles son contos pensados para todos os públicos e escritos cunha serie de características que facilitan a lectura, por exemplo unha tipografía de 20 puntos (as recomendacións da ONCE falan de más de 12 puntos), interlineal e interletrado xenerosos e unha xustificación en bandeira a esquerda que facilite o paso dunha liña a outra.
Hai pequenos detalles que rematan con barreiras que moitas veces parecen insuperables.
A tipografía escollida parte dun estudo que tivo lugar en Inglaterra con nenos e nenas con dislexia e outros trastornos da lectura e os fondos son claros e lisos para que exista un contraste de cor que facilite a lectura aos nenos e nenas con baixa visión. Tamén as ilustracións xogan un papel clave, pois están pensadas para reforzar o texto. Así, todos os ilustradores e todas as ilustradoras de libros infantís accesibles e inclusivos buscan que o seu traballo axude a comprensión lectora describindo en imáxenes o que sucede no texto.
Mais non só o continente é accesible, o contido é unha defensa activa da diversidade. Todas as aventuras están cheas de valores, como a amizade, o altruísmo, a perseveranza ou a solidariedade, presentes de maneira natural, transversal e normalizadora.