En tanto que os seus brincaban no bosque e aprendían a ser lobos, o pequeño lobeto sempre ficaba na cova. Encantáballe escoitar os contos que lle contaba a súa nai. Era una grande inventora de historias! Os seus irmáns pensaban que esas historias eran unha perda de tempo, até que un día o lobiño lles deu unha boa lección.
Lemos +6 é unha colección creada para fomentar e gozar da lectura por pracer, a través de historias frescas que teñen un transfondo cheo de valores: solidariedade, amizade, honestidade, perseveranza… Valores, que aparecerán de maneira transversal e normalizadora nuns libros que presentan todas as características de accesibilidade á lectura no que respecta ao formato, a tipografía, disposición do texto, contraste de cor e ilustracións. Características pensadas e deseñadas desde a súa orixe para facilitar o acceso á lectura a todos os nenos e nenas.