Cleo é unha nena como todas, quere ir ao cole, xogar e pasar desapercibida. Pero a súa nai dille que ela é unha bruxa, unha bruxa moi especial. Deseguido terá que descobrir cales son os seus dons nunha escola de maxia un tanto particular. Polo camiño atoparase con amigas, conflitos e misterios que con enxeño, intelixencia, empatía e bastante humor terá que resolver.
Ás veces dubidará, porque dubidar é bo, pero no seu afán pola verdade e a xustiza levarán a Cleo, a nosa nova bruxa novata, a acadar a solución ao redor dun conflito entre Duflós e Conxuro, as dúas mascotas máis relevantes na súa escola, cun pasado un tanto conflictivo.
Un libro infantil de meigas especialmente recomendado para que os primeiros lectores gocen coas súas primeiras lecturas.