Blog

25 MAY

Dous novos títulos para ler este verán chegarán en xuño ás librarías galegas!

O Hematocrítico inaugura a colección 'Esmendrelle' e Blanca Millán e RJ Peralta amplían a colección de cómic infantil
Dous novos títulos para ler este verán chegarán en xuño ás librarías galegas!

O verán é probablemente o momento do ano no que temos máis tempo libre para poder gozar das nosas aficións, un merecido descanso logo dun ano de cumprir coas nosas responsabilidades. É moito máis ca unha estación, o verán son reencontros, baños frescos, natureza e, por suposto, libros. Pensade en todas as actividades que teñades plantexadas para este verán e agora pensade se non serían mellores aderezadas cunha boa lectura.

Así pensamos en Cumio e por iso lanzamos dous novos títulos en xuño pensados para ler en familia. O primeiro libro en chegar ás librarías será 'Vai polo pan' (editado en galego e castelán) , unha adaptación do libro de Jean-Baptiste Drovot a cargo do Hematocrítico que inaugura a nova colección 'Esmendrelle'.

O segundo é 'Estou ocupado' (editado tamén en galego e en castelán), obra da exitosa dupla RJ Peralta e Blanca Millán. Trátase dun cómic infantil do máis divertido, ideal para que os primeiros lectores comecen a collerlle gusto a banda deseñada, no que un pai que ten que ir ao baño por un apertón non é consciente da que están armando os seus fillos na casa mentres el está 'ocupado'. 

 

VAI POLO PAN 

 

Neste primeiro libro o noso protagonista Manuel recibe o encargo de ir polo pan á súa vila. A Manuel encántalle o pan, pero tamén pasear e claro, despístase un pouco de máis polo camiño e, cando chega, evidentemente a tenda está pechada. O que comeza como un simple recado convértese nunha aventura épica cando Manuel tenta conseguir o pan dun xeito menos habitual.

'Vai polo Pan' preséntanos a Manuel, un novo aventureiro. A través do seu protagonista, vivirás unha chea de aventuras fantásticas chea de humor absurdo e sorpresas. O Hematocrítico ofrécenos unha historia trepidante que fará as delicias dos pequenos lectores.

Ver máis

 

 

ESTOU OCUPADO!

 

A papá éntralle un apertón de ventre e tense que ir ao baño correndo. Entretense cantando, escoitando música ou lendo, alleo a todo o balbordo que os seus tres fillos están a montar fora mentres el está 'ocupado'. E que está a pasar fora do baño? Pois que os seus fillos montaron desde un parque de atraccións ata un zoo! Unha aventura chea de enredos na que tanto nenos como maiores veranse identificados.

Ver máis

 

 

Voltar