Volpe, Giorgio / Proietti, Paolo
Pelo Roibo e Chi son inseparables e pasan os días xogando entre as follas do bosque. Pero cando cambia a estación, Chi debe hibernar e Pelo Roibo non quere aceptar que o seu amigo durma durante tanto tempo.Antes de que iso aconteza, tenta alongar ese último momento xuntos. ANTES DE DURMIR conecta de cheo cunha das emocións máis intensas da infancia: o apego. Ese ôqueda un pouco máisö que aparece cando non queremos separarnos de quen queremos. Cun texto preciso e unhas ilustracións de grande forza atmosférica, o libro aborda a separación temporal e o apego.