Eva Mejuto / Bea Gregores
Lala e Lolo inauguran unha nova colección de libros de cartoné para os máis pequenos, pensada para compartir, xogar e descubrir xuntos.
Con solapas e mecanismos deslizantes, estes dous primeiros volumes acompañan a unha gata curiosa e a un can tranquilo en pequenas aventuras cotiás cheas de sorpresa.
Unha proposta resistente, interactiva e moi visual, ideal para as primeiras lecturas e os primeiros xogos cos libros.