Este é un álbum ilustrado moi visual, xa dende a súa propia tapa orientado aos mais pequenos (a partir de 2/3 anos) no que dun xeito moi sinxelo e divertido aprenderán todas as partes do seu corpo. Un libro infantil recomendado para comezar a traballar unha autoestima saudable e para que aprendan a quererse tal e como son.
Refórzase a través da súa lectura o sentido da autoestima, como se configuran os seus corpos, descubrindo que cada un é único. A importancia de ensinar aos nenos para ser conscientes do seu corpo áchase en que, a través dese descubrimento, comezan a quererse e a ser coidadosos co seu espazo persoal.