Carmen Mateo / Lirios Bou
Se algo define as familias é o seu constante CAMBIO: desde a Prehistoria ata a actualidade, desde as familias máis numerosas ata as máis reducidas, desde a familia tradicional ata as moitas outras formas nas que se compoñen as familias de hoxe.
Numerosas ou de poucos membros, próximas ou afastadas, xuntas ou separadas… hai moitas formas de vivir en familia. Pero aínda que as familias muden continuamente, sempre teñen en común un punto de partida: o amor, a protección e o apoio.
Un álbum ilustrado divulgativo para facer un percorrido por diferentes formas de vivir en familia na actualidad.