Blanca Millán
Os nosos montes son lugares máxicos e o fogar dunha chea de seres vivos: árbores, arbustos, pequenos fungos e toda clase de animais, dende os xabarís máis grandes ata os insectos máis pequenos. Xa sabemos que as árbores veñen dunha semente. Pero, sabías que son os seres máis lonxevos e grandes do planeta?
Dentro deste álbum divulgativo atoparás unha morea de actividades para gozar do monte en calquera momento do ano e así sacarlle o mellor proveito ás túas visitas á natureza.
Un álbum divulgativo axeitado para gozar da natureza cos nenos e nenas e descubrir as marabillas que esconde.