Xabier Domínguez / Alba de Evan / Davide Ortu
A Terra atópase en fase terminal debido ao cambio climático e mergullada nunha crise enerxética sen precedentes.
A súa última oportunidade é atopar un mineral, unha fonte de enerxía inesgotable lexendaria. Pero a súa localización é un misterio que fixo que os máis valentes navegantes do Ministerio de Asuntos Extraterrícolas fracasasen para conseguilo.
A tripulación da Pulga espacial, unha nave espacial moi peculiar, formada por dous nenos, un can, e un alien, reciben unha chamada especial do Goberno Planetario para iniciar a misión máis arriscada das súas vidas: conseguir o mineral que salvará á Terra.