Blog

08 ABR

Anna Kadabra en galego! Xa dispoñibles os seis primeiros libros da colección

Con esta edición, reafirmamos o noso compromiso coa edición infantil en galego, ofrecendo contidos actuais, atractivos e de calidade para o público máis novo.

Estamos felices de anunciar que Anna Kadabra, unha das coleccións infantís máis exitosas dos últimos anos, xa está dispoñible en galego! Os seis primeiros títulos desta máxica historia xa están ao alcance das lectoras e lectores máis novos na nosa lingua.

 

Unha bruxa moi especial

Anna é unha nena aparentemente normal... ata que descubre que é unha bruxa! Co seu gato máxico e a súa nova panda de amigos, forma parte do Club da Lúa Chea: un grupo secreto que vive aventuras, resolve misterios e defende a maxia fronte a quen quere erradicala.

Escrita por Pedro Mañas e ilustrada por David Sierra Listón, Anna Kadabra é unha colección que mestura humor, fantasía, amizade e moita imaxinación. Pensada para nenos e nenas a partir de 7 anos, ten conquistado miles de lectoras e lectores por todo o mundo.

 

Os seis primeiros títulos xa en galego

Estes son os títulos dispoñibles xa en galego:

  1. Anna Kadabra: O Club da Lúa Chea

  2. Anna kadabra: Un problema con ás

  3. Anna Kadabra: Un monstro na bañeira

  4. Anna Kadabra: Festa a medianoite

  5. Anna Kadabra: A illa das mascotas

  6. Anna Kadabra: Pasteis perigosos

Traducidos con coidado e respecto polo espírito da obra, estes libros son ideais para fomentar a lectura en galego desde as primeiras etapas lectoras.

 

Un paso máis pola lingua e pola maxia

Con esta edición, desde Cumio reafirmamos o noso compromiso coa edición infantil en galego, ofrecendo contidos actuais, atractivos e de calidade para o público máis novo.

Descubre o universo de Anna Kadabra en galego e acompáñaa nas súas aventuras máxicas! Podes atopar os libros na túa libraría de confianza.

 

Voltar