Oruña, María
No maxestoso Palacio Dourado, situado no centro de Madrid, o máis selecto do mundo da arte reuniuse para a inauguración de Pentimento, un museo que amosa reproducións de obras de arte icónicas no contexto no que se exhibiron por primeira vez.
Amanda Mendoza, a anfitrioa, observa con desconfianza un dos convidados: o enigmático Dimas Chevalier, o ladrón de luva branca máis famoso de Europa, que, tras pasar uns anos no cárcere, asegura que se reformou por completo. Mentres, unha figura escura salta con axilidade polos tellados do palacio para entrar na Cámara das Marabillas, un lugar no que a familia Mendoza garda os tesouros máis fascinantes. Pero, cando o asaltante tenta escapar co botín, cae fulminado sen motivo aparente. Dimas, acusado de maneira indirecta do roubo, verase obrigado a colaborar con Amanda para limpar o seu nome e descubrir quen profanou a Cámara das Marabillas.
No seu novo e fascinante thriller ambientado no mundo da arte, María Oruña volve atrapar os lectores cunha intriga irresistible, uns personaxes inesquecibles e unha trama chea de sorpresas que xira arredor dos misterios da Cámara das Marabillas, onde as obras máis belas e sofisticadas conviven co roubo, a traizón e o asasinato.