A cámara das marabillas

A cámara das marabillas

O crime perfecto tamén pode ser unha obra de arte.

Oruña, María

23,95 €
IVA inclós
Properament. Reserva'l aquí
Any d'edició:
2026
Matèria
Negra, policiaca y suspense
ISBN:
978-84-8289-834-6
Pàgines:
340
23,95 €
IVA inclós
Properament. Reserva'l aquí

No maxestoso Palacio Dourado, situado no centro de Madrid, o máis selecto do mundo da arte reuniuse para a inauguración de Pentimento, un museo que amosa reproducións de obras de arte icónicas no contexto no que se exhibiron por primeira vez.

Amanda Mendoza, a anfitrioa, observa con desconfianza un dos convidados: o enigmático Dimas Chevalier, o ladrón de luva branca máis famoso de Europa, que, tras pasar uns anos no cárcere, asegura que se reformou por completo. Mentres, unha figura escura salta con axilidade polos tellados do palacio para entrar na Cámara das Marabillas, un lugar no que a familia Mendoza garda os tesouros máis fascinantes. Pero, cando o asaltante tenta escapar co botín, cae fulminado sen motivo aparente. Dimas, acusado de maneira indirecta do roubo, verase obrigado a colaborar con Amanda para limpar o seu nome e descubrir quen profanou a Cámara das Marabillas.

No seu novo e fascinante thriller ambientado no mundo da arte, María Oruña volve atrapar os lectores cunha intriga irresistible, uns personaxes inesquecibles e unha trama chea de sorpresas que xira arredor dos misterios da Cámara das Marabillas, onde as obras máis belas e sofisticadas conviven co roubo, a traizón e o asasinato.

Articles relacionats

  • Porto escondido
    Oruña, María
    Un descubrimento inesperado nunha antiga vivenda saca á luz un segredo enterrado durante décadas. O que comeza como unha investigación aparentemente rutineira convértese nunha trama complexa onde pasado e presente se entrelazan con precisión milimétrica. Unha historia de misterio, memoria e tensión narrativa que marcou un antes e un despois na carreira da autora e que, dez an...
    Disponible

    22,95 €

  • O albatros negro
    María Oruña
    A nova novela de María Oruña en galego. 'O albatros negro' de María Oruña presenta unha trama de misterio e suspense ambientada en Vigo, unha cidade que, co seu mar e a súa historia, se converte nun personaxe máis da narración. A autora entrelaza o presente e o pasado nunha investigación que conecta un crime re...
    Disponible

    24,95 €