Blog

10 FEB

Xa está en librarías 'O meu corpo' de Ivanke e Mey, un libro para aprender as partes do corpo do xeito máis divertido

O segundo lanzamento do ano de Cumio Editora é un libro ideal para comezar a traballar unha autoestima saudable.
Xa está en librarías 'O meu corpo' de Ivanke e Mey, un libro para aprender as partes do corpo do xeito máis divertido

Pensado para peques pero tamén para pais e nais, 'O meu corpo' é toda un aventura para coñecer as partes do corpo dun xeito natural e divertido.

Nel, Ivanke e Mey deléitannos con ilustracións das situacións más divertidas nas que precisamos das diferentes partes do noso corpo. As escenas abarcan desde usar o nariz para cheirar un delicioso pastel ata a cintura para xogar ao Hula Hoop coas amizades.

Editado en Galego e Castelán, é un libro moi visual no que, dun xeito moi sinxelo e divertido, o coñecemento do corpo axudará aos lectores máis mozos a entenderse e aceptarse a si mesmos, contribuindo ao desenvolvemento da autoestima e ao fortalecemento dos seus futuros lazos sociais cos seus semellantes.

Descubrirán que que cada un é único e que, por tanto, as diferenzas son naturais e non un motivo de desconfianza ou burla. A importancia de ensinar aos nenos para ser conscientes do seu corpo áchase en que, a través dese descubrimento, comezan a quererse e a ser coidadosos co seu espazo persoal.

Voltar