Blog

07 NOV

Edicións do Cumio reedita o libro de Montse Fajardo sobre Virxinia Pereira

A vida incerta, o libro da xornalista Montse Fajardo sobre a figura de Virxinia Pereira, ten unha segunda oportunidade. É da man da compañía pontevedresa Edicións do Cumio
Edicións do Cumio reedita o libro de Montse Fajardo sobre Virxinia Pereira

fotografia (© Mónica Patxot) - Por Redacción pontevedraviva.com.

'A vida incerta', o libro da xornalista Montse Fajardo sobre a figura de Virxinia Pereira, ten unha segunda oportunidade. É da man da compañía pontevedresa Edicións do Cumio.

A renacida editorial publicou o pasado mes de xullo unha nova e coidada edición, de tapa dura, que eleva a calidade do produto final ao redor da figura de Virxinia Pereira, creando case un obxecto de auténtica colección.

O libro sobre a súa vida foi no seu día un proxecto vinculado co Concello de Pontevedra, un produto literario ensaístico do que se chegou a distribuír un millar de copias na cidade.

O éxito desta edición pública propiciou o interese en continuar coa súa edición, que a partir de agora será responsabilidade desta compañía, impulsada por Víctor Mascato e Carlos Blanco.

Os editores, que foron recibidos polo alcalde, destacaron que teñen pensado continuar pola senda do patrimonio histórico, publicando narrativas deste tipo, ao atopar un público fiel e con ganas de máis historias deste xénero en concreto.

Ir ao libro

Voltar