Blog

18 MAR

Despois de facer o Camiño de Santiago, as personaxes de Rena Ortega embárcanse nunha nova aventura: a volta ao mundo!

‘Todo a babor!’ chegou esta semana ás librarías cargado de cidades, personaxes e novas probas de agudeza visual. O libro está dispoñible en galego, castelán e en portugués, no que supón o retorno literario da editora galega ao país veciño.
Despois de facer o Camiño de Santiago, as personaxes de Rena Ortega embárcanse nunha nova aventura: a volta ao mundo!

As lectoras de ‘Bo Camiño, Peregrino!’, o libro máis desexado de Cumio Editora, están de noraboa, pois as súas protagonistas veñen de embarcar nunha nova aventura chea de novas experiencias. En cada etapa visitarán unha cidade cun barco que homenaxea o 500 aniversario da primeira volta ao mundo.

En cada unha das paradas, cheas de cor e detalladas de forma maxistral pola autora, as situacións das personaxes mestúranse coas realidades locais dun xeito tan persoal, divertido e peculiar que confirma a Rena Ortega como creadora dun estilo propio. Unha chea de paisaxes e de probas de agudeza visual completan unha obra moi especial.

Con esta peza, confírmase o retorno de Cumio ao país veciño, pois, ademais de en Galego e Castelán, estará dispoñible en portugués. Se a cousa vai de percorrer mundo, semella que a editora galega está disposta a facelo. Case un ano despois de iniciar un camiño marabilloso, chegou o momento de subirse a un barco cheo de emocións.  

 

 

Ver máis

Voltar