Blog

15 NOV

'Alva e Papá Noel', un libro en formato advento ideal para gozar en familia da maxia do nadal

Neste libro poderás seguir o día a día de Alva e da súa familia nos días previos ao Nadal
'Alva e Papá Noel', un libro en formato advento ideal para gozar en familia da maxia do nadal

O Nadal é moito máis cunha época do ano, é unha época de reencontros, de ilusión e de oportunidades para compartir moitos momentos máxicos coa xente que máis queremos. As cidades vístense de gala e as casas decóranse con toneladas de cariño ao mesmo tempo que as familias e as amizades brindan arredor dunha mesa que dificilmente pode soster tanta comida.

Na casa de Alva viven dun xeito moi especial a súa festa favorita e, xa desde o comezo de decembro, na súa casa non existe outro tema de conversa diferente ao nadal. A conta atrás está a piques de comezar e nesta marabilla de libro en formato calendario de advento poderás ver o seu día a día e contaxiarte da ilusión que o percorre todo. 

En cada páxina atoparás unha bonita escena de nadal e tamén unha pequena actividade, como atopar un gato oculto ou contar o número de cervos que podes localizar. Esta suma de pasatempos para os peques da casa, estampas icónicas e ilusión, forma un libro que é unha auténtica delicia para todas as persoas e familias que adoran o Nadal.

Queres saber como se prepara Papá Noel para a Noiteboa e para o Nadal? Queres participar neste advento con todos eles? O Nadal está en marcha, só nos faltas ti!

Ir ao libro

Voltar