Entre os gaiteiros das comarcas da Arousa e do Salnés predomina o criterio de considerar os Areeiras como un dos grupos sobranceiros na música tradicional de Galicia. Libro en gran formato que inclúe un amplo traballo sobre a vida e obra do cuarteto de gaitas de catoria, unha gu¡a de audición do CD inclu¡do neste libro, partituras de Ramón Sumay e dos restantes Areeiras e unha galer¡a de imaxes e fotograf¡as que ampl¡an a base documental sobre Os gaiteiros do Areal.