Despois do éxito de Creactividades de Nadal e Creactividades de verán, chega o momento do outono cun toque moi especial: receitas e manualidades para gozar da estación das follas caídas, e do Samaín en familia.
Meigas, pantasmas, cabazas e criaturas monstruosas mestúranse con receitas sinxelas e manualidades cheas de imaxinación que converten calquera tarde de outono nunha festa creativa. Desde slime monstruoso ata chapeus de meiga, pasando por cementerios de chocolate ou monicreques terroríficos, cada proposta combina diversión, xogo e aprendizaxe.
Con textos e ilustracións de Blanca Millán, este libro ofrece explicacións claras, materiais fáciles de conseguir e resultados sorprendentes, sempre pensados para que as crianzas gocen creando e experimentando coa axuda das persoas adultas. Un imprescindible para encher o outono de cor, creatividade e moita maxia.