Millán, Blanca
Ter unha horta na casa está ao alcance de calquera. Só precisas saber algunhas cousas e poñerte máns á obra. Nesta caixiña atoparás todo o que precisas saber para creares a túa horta na casa desde cero. Coñecerás o lugar perfecto para instalala, os procesos de semente e colleita e os cultivos que podes plantar en cada época do ano para así ter froitas e verduras frescas cada día.