Seguramente coñezas os nomes que protagonizan as nosas historias pero nestas datas tan cheas de sentimentos queremos falarche da protagonista principal da nosa historia. É un caso moi estraño de protagonismo, porque non sabemos nin o seu nome, nin a súa idade, nin o seu xénero... Por non saber, nin sequera sabemos cales son os seus superpoderes, aínda que si que sabemos que os ten.
Sabemos que lle gustan as librerías e as bibliotecas. E tamén sabemos que sorrí cada vez que ten un pouco de tempo para dedicarlle ás nosas historias infantís, aos nosos álbums divulgativos e á nosa narrativa. O único que queremos é estar á altura das súas expectativas. Ese é o noso propósito para un 2023 que recibimos con toda a ilusión do mundo e no que esperamos seguir contando contigo.
Porque esa protagonista es ti. Esta aventura, e todas as que están por vir, serían imposibles sen ti e, de ser posibles, serían infinitamente máis aburridas. Pode soar a tópico, pero non por iso é menos certo que cada vez que destapas un dos nosos libros estás a cambiar tres historias: a túa, a do libro e a nosa. Se a maxia existe, e existe, é algo parecido a isto. Moitas grazas pola túa compañía.
2022 foi un ano de boas historias. Tan boas que antes de que remate, e correndo o risco de ser unha editorial un pouquiño fachendosa, queremos compartir contigo os libros tan chulos que publicamos nun ano que nunca esqueceremos.
Felices festas de parte de todas as persoas que formamos Cumio Editora!