Aínda que tradicionalmente o álbum ilustrado é asociado ás primeiras lecturas ou a idades temperás, é un xénero literario que conta cada día cun público adulto máis numeroso. Os que publicamos están recomendados absolutamente para todos os públicos e tamén para que os pais e nais compartan lecturas cos seus fillos e fillas.
Os nosos álbums ilustrados son o resultado dunha simbiose entre a precisión e a calidade dunhas ilustracións únicas e a narración escrita de historias divertidas, educativas e tenras. Temos publicados álbums ilustrados en galego, en catalán e en español.