Blog

30 NOV

Paula Merlán, Bea Campos e Ramón D. Veiga presentan 'Era outra vez' na Librería Librouro

A presentación, a sinatura e as actividades terán lugar este sábado (3 de decembro) a partir das 12:00h
Paula Merlán, Bea Campos e Ramón D. Veiga presentan 'Era outra vez' na Librería Librouro

Este sábado temos un plan xenial na Librería Librouro de Vigo ás 12:00h.

Da man dos autores Ramón D. Veiga, Bea Campos e Paula Merlán, viviremos unha xornada moi divertida coa presentación e sinatura do seu libro 'Era outra vez' e con moitas actividades para os lectores e as lectoras máis especiais. 

O único requisito é vir con infinitas ganas de pasalo en grande.

Vémonos este sábado!


ERA OUTRA VEZ

'Era outra vez' é unha escolma deses contos que había antes da Internet, dos móbiles, da televisión ou mesmo da radio.

Como son os xigantes deste século? E se en vez dun emperador se tratase do director dun colexio? Necesitarían hoxe en día os xenios das lámpadas marabillosas wifi para conectarse? 'O xigante egoísta', de Oscar Wilde, 'O traxe novo do emperador', de Hans Christian Andersen e 'Aladino e a lámpada marabillosa', o conto popular árabe adaptado tamén por Andersen, son os contos favoritos de Ramón D. Veiga, Bea Campos e Paula Merlán.

Hoxe son reinterpretados con talento, imaxinación e un mundo de cariño. As ilustracións de Xiana Teimoy completan unha peza de luxo para todos os públicos.

 

Tornar a les notícies