Paula Merlán / Ramón D. Veiga / Bea Campos / Xiana Teimoy
'Era outra vez' é unha escolma deses contos que había antes da Internet, dos móbiles, da televisión ou mesmo da radio.
Como son os xigantes deste século? E se en vez dun emperador se tratase do director dun colexio? Necesitarían hoxe en día os xenios das lámpadas marabillosas wifi para conectarse? 'O xigante egoísta', de Oscar Wilde, 'O traxe novo do emperador', de Hans Christian Andersen e 'Aladino e a lámpada marabillosa', o conto popular árabe adaptado tamén por Andersen, son os contos favoritos de Ramón D. Veiga, Bea Campos e Paula Merlán.
Hoxe son reinterpretados con talento, imaxinación e un mundo de cariño. As ilustracións de Xiana Teimoy completan unha peza de luxo para todos os públicos.