Susana Peix / Seta Gimeno
Quero ser a dragona! é un novo título da colección LEEMOS +6 de Cumio, unha liña de lectura inclusiva deseñada para que todos os nenos e nenas poidan acceder á lectura en igualdade de condicións.
Son libros concibidos como unha “rampla de acceso” á lectura: facilitan a comprensión a lectorado con dislexia, dificultades de atención, baixa competencia lectora ou problemas de visión, sen deixar de resultar atractivos para calquera lector.
Deseño claro, tipografía lexible, estrutura textual amable e ilustracións que acompañan o sentido do texto forman parte da identidade da colección.
A Ymir encántalle dar apertas: con elas o mundo brilla un pouco máis. Pero un día, sen saber por que, desaparecen e, xunto co seu primo Teo, inicia unha busca por un mundo cheo de seres máxicos. Unha historia tenra sobre as emocións, a amizade e a importancia de coidar… e coidarse.