BASES COMPLETAS
1/ Poderán participar todas as librarías que teñan produtos de Cumio na súa libraría.
2/ As librarías interesadas en presentar o seu escaparate ao concurso deberán inscribirse enviando un correo electrónico a promocion@cumio.gal co asunto “Inscrición Concurso Escaparates 2023”. No correo deberán indicar o nome da libraría, unha persoa e teléfono de contacto. O prazo de inscrición será do 30 de outubro ao 23 de novembro de 2023, ata ás 23.59 h.
3/ A tematización do escaparate será libre pero ten que haber un mínimo de 5 libros publicados por CUMIO expostos no escaparate da libraría.
4/ As librarías participantes deberán publicar as fotografías do escaparate nunha ou varias redes sociais (só se terán en conta as publicadas en INSTAGRAM ou FACEBOOK), incluíndo o hashtag #unmontedelibros (galego) #unamontañadelibros (castelán) mencionando a @cumioeditora ou @cumioeditorial na publicación e etiquetándoa nas imaxes.
5/ Cada libraría poderá presentar ata un máximo de 4 fotografías de escaparates distintos, realizadas cun dispositivo móbil ou cunha cámara fotográfica no período de tempo especificado. Non serán aceptadas aquelas fotos nas que aparezan persoas que poidan ser identificadas.
6/ O prazo para realizar e publicar as fotos comezará o 6 de novembro e rematará o 30 de novembro de 2023, ás 23:59 h. As librarías participantes deberán manter o escaparate tematizado polo menos unha semana.
7/ Un xurado formado por 4 profesionais da literatura infantil e xuvenil e do sector do libro decidirá cal será a libraría gañadora baseándose nos criterios de creatividade e orixinalidade.
8/ O fallo terá lugar o día 12 de decembro de 2023 e, tras comunicalo á libraría gañadora, farase público a través das redes sociais de Edicións do Cumio.
9/ Haberá un único premio dotado cunha caixa SMARTBOX de dúas noites de experiencia en paradores para dúas persoas valorada en 300 euros.
10/ O fallo será inapelable, podendo quedar deserto se así o considera o xurado.
11/ A entrega do premio realizarase vía correo electrónico e contactarase coa libraría gañadora vía telefónica.
12/ Edicións do Cumio poderá utilizar as fotografías presentadas polas librarías participantes e difundilas a través das súas redes sociais e páxina web.
13 / A participación no concurso supón a aceptación das presentes bases. Calquera aspecto non recollido nestas bases será resolto polos organizadores.
14/ Para dúbidas e preguntas sobre o concurso, os interesados poden escribir a promocion@cumio.gal.
Xurado profesional
1/ Rena Ortega (autora e ilustradora).
2/ Jaume Mora (ilustrador e deseñador).
3/ Iván R. (artista gráfico e deseñador).
4/ Paco Ortega (deseñador, maquetador e ilustrador).