As caixas con libro e quebracabezas de Cumio propoñen unha forma diferente de achegarse á lectura: xogar, observar, montar pezas e descubrir historias a través da imaxe.
Nesta colección atoparás dúas aventuras ilustradas de Rena Ortega. Gravidade Cero invita a viaxar polo sistema solar cun gran quebracabezas que brilla na escuridade e un libriño exclusivo sobre o universo, os planetas, as constelacións e a exploración espacial. Bo camiño, peregrino! leva aos máis pequenos ao Camiño de Santiago a través dunha escena chea de personaxes, detalles, símbolos e curiosidades desta ruta milenaria.
Cada caixa inclúe un libro en rústica e un quebracabezas ilustrado de gran formato. Son propostas pensadas para compartir en familia, estimular a curiosidade, favorecer a observación e converter cada peza nunha pequena historia por descubrir.
Un formato perfecto para regalar, para xogar sen pantallas e para seguir viaxando sen saír da casa.