Colección Miudiños

A vida en verso das figuras máis importantes de nosa cultura

Os MIUDIÑOS de Cumio, escritos por Alba De Evan e Xabier Domínguez, achegan a vida de autoras, cantantes, poetas, escritores e artistas de todo tipo ao público infantil. As ilustracións desta colección de Miudiños veñen da man dunha das ilustradoras do momento no noso país: Bea Gregores.

A través desta colección, os máis pequenos e pequenas disfrutarán dos BIOPOEMAS: poesías que falan da vida de alguén, da súa personalidade, gustos ou do que o fan especial. Un recurso literario que adapta feitos biográficos ao xénero poético. En definitiva, unha vida feita poema. Estes álbums encadernados en rústica con acabado natural levan tamén un deseño especial con encadernación suíza.