O venres 3 de maio pola tarde tivo lugar o acto de entrega dos recoñecementos ás obras gañadores dos premios literarios Frei Martín Sarmiento deste curso así como os correspondentes ao certame audiovisual REC.curta, organizados por Escolas Católicas coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lgtca., patrocinados polo Grupo Anaya e apoiados polo Festival de Cans.
A regueifeira Lupe Blanco conduciu dita gala, que foi inaugurada polo secretario xeral de Política Lgtca. Valentín García, acompañado por Mª Teresa Iglesias, presidenta de EC e Juana Otero, secretaria autonómica. O salón de actos quedou pequeno para acoller as máis de cen persoas entre o alumnado, os autoras e autores recoñecidos como obras gañadoras desta vixésima edicións dos Sarmiento e os seus editores/as.
Premios Sarmiento
Máis de 3.000 alumnos e alumnas, tras leren as obras finalistas, emitiron as súas valoracións para escolleren as obras gañadoras das sete categorías. Os autores/as recibirán como agasallo unha figura da árbore da vida realizada por Cerámicas Regal. Velaquí, os títulos seleccionados:
INFANTIL
CADERNO DE CORES E CANCIÓNS. Magín Blanco e Sonia García como ilustradora editado por Galaxia.
1ª CATEGORÍA
(1º, 2º EP) VIOLETA PARAPLUIE E OUTRAS HISTORIAS DE XENTE POUCO CORRENTE de Ramón D. Veiga publicada por Edicións Embora.
2ª CATEGORÍA (3º, 4º)
A PULGA ESPACIAL de Xabier Domínguez e Alba de Evan, publicada por Edicións do Cumio. Entrega: Manoli Maseda. Recollen o galardón os autores Xabier Domínguez e Alba de Evan
3ª CATEGORÍA (5º e 6º de EP)
SÁLICE E SÁNDALO. Antela editorial
4ª CATEGORÍA (1º e 2º de ESO)
CITUTA PARA DOUS. Xerais.
5ª CATEGORÍA (3º e 4º de ESO)
RECOÑÉCESE O LABOR DE TRADUCIÓN UN FEITICEIRO DE TERRAMAR traducido por Tomás G. Ahola e editado por Boadicea editora
6ª CATEGORÍA (Bacharelato e adultos)
A SAGA DAS CURANDEIRAS. Marisa Castro. Hércules de ediciones.