Steve Smallman / Esther Hernando
Acompaña a Maggie mentres aprende a adaptarse á escola, a facer amigos e, o máis importante de todo: a entender as súas emocións, cando non se está enfrontando a dragóns ou coñecendo extraterrestres!
A Maggie Sparks NON lle gusta nadar! A auga está conxelada, húmida e, o peor de todo, non se lle dá nada ben. Así que cando a súa nai decide apuntala a clases de natación, a Maggie non lle gusta a idea. Por sorte, Maggie é unha bruxa superpoderosa, superintelixente e supercarismática e está decidida a usar os seus poderes para entrar no grupo de natación de elite dos TIBURÓNS e, de paso, axudar ao seu mellor amigo, Arthur. Todo o que necesita é un pouquiño de maxia...