Eva Mejuto / Chus Rojo
Que atopou Federico García Lorca en Galicia para namorarse da súa terra, da súa xente e da súa lingua ata escribir os seus inesquecibles “Seis poemas galegos”?
Esta é a historia do paso de Federico García Lorca por Galicia contada a través dos ollos de Mariña, unha nena que revive, nunha carta, os recordos compartidos co poeta. Un percorrido polas paisaxes, as persoas e os momentos que espertaron en Lorca un profundo amor por Galicia e o levaron a escribir os seus “Seis poemas galegos".