Blog

24 ABR

'O gran libro dos nosos montes', por partida dobre, e a colección miudiños, finalistas dos Premios Follas Novas do Libro Galego

Os premios están organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia.
'O gran libro dos nosos montes', por partida dobre, e a colección miudiños, finalistas dos Premios Follas Novas do Libro Galego

Os premios Follas Novas do Libro Galego, que valoran a produción literaria do ano 2023 en Galicia, escolleron aos seus finalistas para esta novena edición, unha edición que suma case corenta candidato/as entre títulos, iniciativas e proxectos. As obras gañadoras dos premios Follas Novas 2024 daranse a coñecer na gala a celebrar o vindeiro 11 de maio no Teatro Principal de Compostela. Os premios están organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia. Contan co apoio da Deputación da Coruña, Concello de Santiago, CEDRO (Centro Español de Dereitos Reprográficos) e a Xunta de Galicia.

As case corenta obras finalistas desta edición dos premios Follas Novas son o resultado dun proceso de selección de catro fases, que supón unha lectura e valoración completa de toda a produción editorial galega. O proceso ten unha primeira escolla con propostas das tres entidades organizadoras que selecciona un cento de títulos publicados entre decembro de 2022 e novembro de 2023. Dese conxunto de obras, o xurado desta edición fixo unha primeira escolla da que resultaron escollidas as candidatas en cada categoría, con aproximadamente sesenta títulos. A terceira fase de selección é a actual, na que o xurado escolleu as obras finalistas por cada categoría.  O proceso de selección dos títulos gañadores terá o seu cumio o sábado,11 de maio de 2024, coa gala na que se darán a coñecer cada unha das obras gañadoras nas trece categorías nas que se organiza este premio. A gala de entrega de premios terá lugar no Teatro Principal de Santiago.

 

Listado de finalistas dos Follas Novas 24

 

PREMIO Á OBRA DE ENSAIO E INVESTIGACIÓN

  • Carmiña Sierra: a primeira muller do Seminario de Estudos Galegos. Aurora Marco. Alvarellos Editora.
  • Os corpos inscritos e os textos escritos. Xénero, moda e literatura. Rebeca Baceiredo. Edicións Xerais de Galicia.
  • Ser Cetáceo. O fascinante inverno do animal de fondo. Francisco Xosé Fernández Naval. Editorial Bululú.

PREMIO Á OBRA DE DIVULGACIÓN

  • Historia do fútbol femenino en Galicia. De Irene González a Vero Boquete. Héctor Pena. Editorial Galaxia.
  • O Benshi de Galicia. O arrebato cinematográfico de Rey Soto. Manolo González. Alvarellos Editora.
  • O cento voando. Amores, alianzas e monogamias. Andrea Nunes Brións e Ánxela Lema (coord.). Edicións Xerais de Galicia.

PREMIO Á OBRA DE NARRATIVA

  • A parte fácil. Ismael Ramos. Edicións Xerais de Galicia.
  • Cinco corujas. Susana Sanches Arins. Através Editora.
  • Coa man esquerda. Xabier Quiroga. Edicións Xerais de Galicia.

PREMIO Á OBRA INFANTIL

  • A botella de lentellas. Leticia Barbadillo. Edicións Xerais de Galicia.
  • Daniel no peirao. Paula Carballeira e Eli García. Editorial Galaxia.
  • Federico. Jesús Castro Yáñez e Iván R. Triqueta Editora.

PREMIO Á OBRA XUVENIL

  • Burbullas de calma serena. Andrea Maceiras. Cuarto de inverno.
  • Furia. María Reimóndez. Edicións Xerais de Galicia.
  • Nom estamos quebrades. Nee Barros. Cuarto de inverno.

PREMIO AO LIBRO ILUSTRADO

PREMIO AO LIBRO DE BANDA DESEÑADA, GRÁFICO E HUMOR

  • Fago o que podo. Afra Torrado. Rodolfo e Priscila.
  • Os suicidantes. Tomás Guerrero e Diego Ameixeiras. Edicións Xerais de Galicia.
  • Xaora. Ana Moreiras. Aira Editorial.

PREMIO Á INICIATIVA BIBLIOGRÁFICA

PREMIO Á OBRA TRADUCIDA

  • As gratitudes. Delphine de Vigan. Xavier Senín. Editorial Hugin e Munin.
  • Deiche os ollos e miraches as tebras. De Irene Solá. María Alonso Seisdedos. Kalandraka.
  • Trompeta. De Jackie Kay. María Reimóndez. Editorial Hugin e Munin.

PREMIO AO LIBRO DE POESÍA

  • Enxertos. Dores Tembras. Apiario.
  • Retratos de vodas, partos e funerais. Silvia Penas. Editorial Galaxia.
  • Sonora. Chus Pato. Edicións Xerais de Galicia.

PREMIO AO LIBRO DE TEATRO

  • Faise o escuro. Carme Varela. Edicións Positivas.
  • Festas de gardar. Díptico para a resistencia. Lorena Conde. Cuarto de inverno.
  • Mambrú volveu da guerra. Carlos Labraña. Edicións Xerais de Galicia.

PREMIO AO LIBRO MELLOR EDITADO

PREMIO PROMOCIÓN DA LECTURA

  • As comadres das letras.
  • Espazo Lectura de Gondomar.
  • Revista O Papagaio (o xornal da xente miúda).
Volver