Smallman, Steve / Hernando, Esther
Maggie está decidida a demostrarlle a Arthur que Halloween é unha festa para divertirse, non para pasar medo. Pero entre arañas xigantes, pantasmas flotantes, a malvada Mía e... un vampiro de verdade!?, ten motivos de sobra para levar un bo susto. Por sorte, Maggie é unha bruxa superpoderosa, superintelixente e supertalentosa. Cun chisco de maxia intentará resolver o misterio do vampiro... e axudar a Arthur a descubrir a valentía que leva dentro!