Smallman, Steve / Hernando, Esther
E moito menos se ten que pasar as vacacións coa súa insoportable prima Mía. Maggie soñaba cuns días cheos de diversión, pero acaba nun cámping embarrado, chuvioso e cun bosque inquietante que agocha un gran misterio. Para rematar, a súa familia participa nunha competiciónà e parece que todo lle sae mal! Por sorte, Maggie é unha bruxa superpoderosa, superintelixente e supertalentosa. Cun chisco de maxia intentará gañar a competición, descubrir o segredo do Bosque dos Murmuriosà e demostrar que mesmo unhas vacacións desastrosas poden converterse nunha grande aventura!