Ortega, Rena
No interior atoparás un gran quebracabezas ilustrado que brilla na escuridade, repleto de escenas, personaxes e pequenos detalles que transforman cada peza nunha historia por descubrir. Ademais inclúe un libriño exclusivo en rústica (diferente do libro orixinal) que introduce aos nenos pequenos na exploración do universo: galaxias, constelacións, planetas, satélites, a historia da carreira espacial... e moito máis! Constrúe o sistema solar peza a peza e descobre os seus segredos mentres lees o libro e acompañas os nosos protagonistas nesta misión espacial única. Pero o mellor chega despois: apaga a luz... e o quebracabezas transfórmase. Os planetas brillan, aparecen órbitas e o espazo cobra vida na escuridade neste quebracabezas de gran formato. Serás capaz de descubrir os personaxes ocultos?