Newman, Ben
Os motores roxen e o circuíto xa está preparado. Os mellores pilotos da cidade compiten por se converteren no campión deste ano. Mentres a emoción medra volta tras volta e sentes a rivalidade na pista, descubrirás como se deseñan e contrúen os coches de carreiras e tamén como funcionan de verdade, desde a aerodinámica e a potencia do motor ata a forza G, os pneumáticos e as rapidísimas paradas en boxes. Este libro é unha fantástica introdución á Fórmula 1 e ao mundo do automobilismo para lectores de todas as idades.