Comunicado polo pasamento do noso compañeiro e amigo Francisco Manuel Villegas Belmonte

  • Data:09-03-2018

Con fondo pesar, vémonos no deber de comunicar a triste nova do pasamento do noso compañeiro e amigo Francisco Manuel Villegas Belmonte a comezos desta semana aos 57 anos de idade.

Paco foi director xeral de Edicións do Cumio de 2007 a 2013, fundador e director xeral de Ellago Ediciones e membro da directiva da AGE de 2008 a 2010.

Nunca deixou de traballar no seu labor editorial e na que foi a súa gran paixón, a divulgación cultural.

No tempo que compartimos, descubrimos nel un gran profesional, amante e coñecedor das letras e as artes, pero sobre todo, a un grande home e marabillosa persoa que deixa en nós unha pegada profunda e todo o noso agarimo.

Querémoslle facer chegar á súa familia, amigos e compañeiros o noso máis sentido pésame.

Edicións do Cumio