Zampadanzas do mundo. Danzas á carta
Marta Pereira Coutinho , Mercedes Prieto Martínez
Divertido compendio de danzas do mundo unidas polo fío dun pequeno e lírico conto: a historia dun cociñeiro que aprende, pouco a pouco, a bailar viaxando por diferentes países. No libro pódense atopar explicacións para aprender coreografías de Galiza, Portugal, Dinamarca, Brasil, México, Irlanda, Xapón, Bélxica e Cataluña. A publicación vai acompañada dun CD coas cancións correspondentes a cada baile e unha pista de vídeo na que ver un exemplo das coreografías. Zampadanzas pretende achegar material didáctico aos profesores de primaria e secundaria, así como a todos os afeccionados ao baile e ás músicas do mundo.
- Escritor
- Marta Pereira Coutinho
- Escritor
- Mercedes Prieto Martínez
- Colección
- Multimedia
- Materia
- Multimedia
- Idioma
- Galego
- EAN
- 9788482893372
- ISBN
- 978-84-8289-337-2
- Páxinas
- 108
- Data publicación
- 01-06-2010