Rosalía de Castro e os lugares de Cantares gallegos

Esta obra é un traxecto polos referentes espaciais físicos que teñen xerminado no val fértil de Cantares gallegos (1863), á vez que unha carta de navegación polos mares interpretativos da biografía espacial da escritora posromántica Rosalía de Castro (1837-1885). Trátase dun estudo orixinal, tanto no fondo coma tamén na forma, pois as explicacións dadas nel amplíanse cunha práctica mostra fotográfica de moitos dos lugares relacionados con Rosalía. Súmase, así, aos inxentes homenaxes que se lle teñen feito á escritora galega máis internacional: “Poderán pasar outros cento cincuenta anos máis, pero toda apunta a que Rosalía de Castro e Cantares gallegos terán vixencia ata o fin dos tempos literarios. Como fixera Homero na súa Ilíada, ela soubo expresar a súa indignación ante a situación que tiña diante, o que esixía unha volta atrás, unha reflexión verbo dalgunhas das orixes que provocaban o crepúsculo de Galicia e dos seus habitantes; e deixou como legado non só unha recolleita da tradición popular galega, senón tamén unha reelaboración deses anacos históricos que coñecemos como cantigas. Isto convértea, cando menos, na iniciadora do poema épico do rural galego”.

Colección
Ensaio
Materia
Ensaio
Idioma
  • Galego
EAN
9788482894737
ISBN
978-84-8289-473-7
Páxinas
136
Ancho
11,8 cm
Alto
18 cm
Data publicación
12-02-2014
Rústica con lapelas
12,00 € Mercar en Imosver

Sobre Lucía García Vega

  • Lucía García Vega
    Lucía García Vega (Lugo, 1974) é licenciada en Humanidades e doutora cum laude en Filoloxía Románica pola Universidade Complutense. Iniciouse na investigación cun estudo sobre as obras dramáticas do escritor francés Paul Claudel (1868-1955), presentado como tesiña en 1999 e polo ... Ver máis sobre o autor

Libros relacionados