Preguntas que poñen os pelos de punta 3. Sobre a luz e as cores
Carla Baredes , Ileana Lotersztain , Javier Basile , Javier Basile
Terceira entrega destas "Preguntas que poñen os pelos de punta", dedicada nesta ocasión a dar resposta a interrogantes relacionados coa luz e as cores. De novo as científicas encargadas da redación desta colección, Carla Baredes e Ileana Lotersztain, se xuntan co ilustrador Javier Basile para ofrecer a nenos e maiores un libro rigoroso e cheo de inxenio que atrapará a atención de tódolos lectores. Este terceiro volume, coma os seus antecesores, vén precedido dun enorme éxito e do recoñecemento por parte de diversas revistas e premios internacionais. Son libros recomendados para curiosos de tódalas idades que sacarán de apuros a máis dun.
- Escritor
- Carla Baredes
- Escritor
- Ileana Lotersztain
- Ilustrador
- Javier Basile
- Traductor
- Javier Basile
- Colección
- Infantil
- Materia
- Infantil
- Idioma
- Galego
- EAN
- 9788482892122
- ISBN
- 978-84-8289-212-2
- Páxinas
- 60
- Ancho
- 20 cm
- Alto
- 18 cm
- Data publicación
- 02-09-2008