Once máis 15

Libro con CD froito da unión entre once poetas galegos de todos os tempos e quince grupos da escena musical actual. Versos que van dende Rosalía e Curros ata Antón Lopo e Daniel Salgado convértense en cancións por virtude dun elenco variado de músicos no que conviven a electrónica, o pop, o rock de diversa inspiración e case todos os estilos imaxinables. O libro recolle as versións orixinais dos poemas, aquelas que serviron como punto de partida para as composicións dos músicos, así como pequenas biografías dos autores. Por parte dos músicos, a edición aporta imaxes das bandas e textos que os presentan. "Se has de chorar" de Alfonso Pexegueiro por zimmer103 "Nos ollos teus" de Álvaro Cunqueiro por Miguel Alonso "Ningún lugar seguro" de Antón Lopo por Ataque Escampe "Longa noite de pedra" de Celso Emilio por Miguel A.Suárez "Non" de Celso Emilio Ferreiro por Xurxo Mares "Autopoética in progress" de Daniel Salgado por Fanny e Alexander "Cantarche hei amiga" de Darío Xohán Cabana por Anxo Rei "A dama que fala" de Rompente por Roberto Sobrado e banda "Cunetas"de Luís Pimentel por Snail "Ai!" de Manuel Curros Enríquez por Meiga do Norte A Rosalía de Castro de Manuel Curros Enríquez por Julian Ross "Outono" de Manuel María por David Taboada "Canción para cantar tódolos días" de Manuel María por Elanor "Cantan os galos pro día" de Rosalía de Castro por Fucoxabier "A xustiza pola man" de Rosalía de Castro por Nao
Colección
Fóra de colección
Materia
Poesía
Idioma
  • Galego
EAN
9788482892702
ISBN
978-84-8289-270-2
Páxinas
64
Data publicación
01-07-2009
Tapa dura + CD
15,00 € Mercar en Imosver