O perdurable legado de Fernando Pérez-Barreiro
Xulio Ríos Paredes
Para Fernando, o mais natural do mundo era ser internacional e galeguista. Non vía contradición entre esas dúas cousas. Falábamos todo o tempo de Galicia, non con morriña, senón con ansia de entender e dilucidar.
Teresa Barro
Fernando Pérez-Barreiro me fai presente cada día que a realidade é cambiante porque así é a vida. E cando non sabemos velo desa maneira, petrificámonos, que é unha maneira de morrer.
Xosé Luis Franco Grande
Fernando era e quería seguir sendo, custe o que custe, un galego de viaxe polo ancho mundo, como tantos e tantos. As súas referencias para o encadre da confusa e afastada realidade exterior foron sempre deliberadamente galegas e considerou sempre que para os galegos non había (non debería haber) emigración, senón diáspora.
Francisco Silva Castaño
O xornalismo en Fernando foi como unha estrada que, como se sabe, ten vía de ida e de volta. Así, como lector serviulle para coñecer moi ben a nosa realidade desde a diáspora británica.
Nicolás Vidal
Para Fernando, a poesía era a realidade primaria do ser humano, así o expresou en máis dunha ocasión. Opinaba que aínda que non houbese poetas, habería poesía agardando por un primeiro explorador que a descubrise.
Esta reflexión era consecuencia dunha vida enteira dedicada a ela.
Francisco Xosé Fernández Naval
Brillante en tantos campos, agudo nas súas análises, o maior mérito de Fernando no meu ver, máis aló dese incrible don de linguas, é esa capacidade para penetrar nos problemas e achegar trazos innovadores, facéndoo, en primeiro lugar, dende a autoridade de quen posúe unha ampla bagaxe, pero tamén dende o rexeitamento dos inmobilismos.
Xulio Ríos
- Escritor
- Xulio Ríos Paredes
- Colección
- Documenta
- Materia
- Documenta
- Idioma
- Galego
- EAN
- 9788482894898
- ISBN
- 978-84-8289-489-8
- Páxinas
- 100
- Ancho
- 13,4 cm
- Alto
- 21 cm
- Edición
- 1
- Data publicación
- 06-02-2015
Sobre Xulio Ríos Paredes (Escritor)
Reseñas
Baixo a coordinación e edición de Xulio Ríos, director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi), Edicións do Cumio vén de publicar o libro “O perdurable legado de Fernando Pérez-Barreiro Nolla”, unha compilación de artigos e impresións sobre o célebre ensaísta e galeguista ferrolán, a un lustro do seu pasamento acaecido en Lancaster (Inglaterra) o 4 de xaneiro de 2010.