Nacer é unha república de árbores

Na pedra —que é o que se sostén na pedra? a lagoa a lagoa enfíase na pedra enfíase, enfíase

Na lagoa —que é o que se sostén? a trenza enfíase a trenza, a trenza de beón enfíase, enfíase

Cabelo de Anta nunca serás poeira

E o teu ollo cara a onde se dirixe? o teu ollo sostense na pedra o teu ollo enfíase nas augas. Sostén a trenza e así enfíase, enfíase

Rizo do idioma nunca serás poeira

Pedra baleira, gris. Real.

Colección
Antoloxía Poética Sonora
Materia
Antoloxía Poética Sonora
Idioma
  • Galego
EAN
9788482892443
ISBN
978-84-8289-244-3
Páxinas
160
Data publicación
12-10-2010
Tapa dura + CD
15,00 € Mercar en Imosver

Sobre Chus Pato

  • Chus Pato
    Publicou os seguintes libros de poemas: Urania (Ourense, Calpurnia, 1991), Heloísa (A Coruña, Espiral Maior, 1994), Fascinio (Muros, Toxosoutos, 1995), Nínive (Vigo, Edicións Xerais, 1996), A ponte das poldras (Santiago de Compostela, Noitarenga, 1996; 2.ª ed.: Vigo, Galaxia, 200... Ver máis sobre o autor

Booktrailer