Música de dúas beiras
Coral Casablanca
A Coral Casablanca, vinculada ao Círculo Mercantil, vén de publicar en Edicións do Cumio o seu quinto traballo discográfico baixo o título Música de dúas beiras. A agrupación, unha das máis senlleiras de Galicia, conta nesta ocasión coa colaboración do grupo musical Cómplices, e deles interpretan o tema Las penas son la sal del mar, acompañados de Teo Carralda. O disco é froito da gravación en directo da actuación da coral no teatro Caixanova de Vigo no ano 2008 e nel recóllense temas galegos e temas de orixe americana, unindo así as dúas beiras do Atlántico.
- Escritor
- Coral Casablanca
- Colección
- Corais e Bandas
- Materia
- Corais e bandas
- Idioma
- Galego
- EAN
- 8482890312128
- Páxinas
- 12
- Data publicación
- 01-05-2009