Lendas de Ourense

Desde tempos inmemoriais os pobos foron transmitindo os seus coñecementos, xeración tras xeración a través de historias que exemplifican o saber acumulado. Sobre esa base vivencial e práctica na que se ven inmersos os personaxes das distintas historias, destílase unha sabedoría que sustenta as accións que foron resoltas con maior enxeño. Recompilar un volume destas características, facelo ademais cun límite territorial como se fai neste libro, non é só o resultado dun traballo inxente. Tamén resulta un traballo sociolóxico e de coñecemento de todo un pobo. De aí o seu valor, as historias recollidas aquí viaxaron desde os primeiros séculos da nosa era até os nosos días, pasando oralmente de xeración en xeración até chegar a nós co valor engadido que lle proporciona un gran número de interpretacións que acompasaron a evolución social e tecnolóxica. Agora cando por fin quedan escritas transfórmanse nun patrimonio da cultura que os nosos maiores nos ofrecen como legado.
Colección
Fóra de colección
Materia
Narrativa
Idioma
  • Galego
EAN
9788482894324
ISBN
978-84-8289-432-4
Páxinas
450
Ancho
17 cm
Alto
24 cm
Data publicación
01-12-2011
Rústica con sobrecuberta
29,90 € Mercar en Imosver

Sobre Miguel Mosquera Paans

  • Miguel Mosquera Paans
    Novelista, poeta e etnógrafo galego nado en Holanda, seguidor da corrente da Ourensanía (Universalización da cultura galega) “Os galegos podemos permitirnos o luxo de nacer donde nos pete sin deixar de ser galegos” estudoso da tradición e da cultura ourensá. Ten colaborado en dis... Ver máis sobre o autor

Libros relacionados